h1

La historia se repite

17 Abril, 2012

Reincidentes,  do disco ¿dónde está Judas?

E aquí a letra

Hai xa nove anos, Víctor García León dirixiu un corto no que participaron coñecidos actores españois. A película narraba unha suposta polémica, suscitada a raíz da caza dun elefante africano por parte do Rei… Alfonso XIII en 1924, co país en plena crise política, económica e social, afundido por guerras, corrupcións e unha clase empresarial inepta. Sería precisamente aquel elefante o que propiciaría a chegada da II República.

Por sorte, o pasado, pasado está, e o noso país non ten nada que ver co de aquel entón.

El elefante del rey from Jose Ramon Lorenzo (montador) on Vimeo.

 

h1

Here we go again

9 Abril, 2012

The Hives

 

Pois xa fixen a primeira actualización da web das fotos, así que xa sabedes, se queres botarlle un ollo, podes premer aquí.

 

I have uploaded a few pictures in my web. You can check it here. Uli, thanks for your review. I’ve seen myself, while setting up the web, that blurry effect while loading the galleries. It seems that you are the only one who have suffered, or realized about that problem. I guess it has something to do with the flash conversion. Anyway, I’m not sure if there is much that I can do to fix it; no idea of programming!

h1

Perfect Picture

14 Marzo, 2012

Mega City Four

 

Pois por fin teño lista, tan lista como poida estar, unha web na cal subín unha selección das miñas fotos. Gran parte deste blog, ao final, eran posts nos cales enlazaba a álbums ou fotos miñas, que tiña subidas no picasa. E gran parte dos lectores, segundo me din, prefiren ver fotos antes que ler os meus longos e aburridos “rollazos”. Por outra banda, a maioría de vós non accededes á miña conta de Picasa, o cal deixa claro que non era un medio eficiente para compartir fotos. Teño que admitir, tamén, que nela subo de todo, así, a eito, o cal a fai pouco coidada e incómoda de navegar.

A nova páxina está albergada na plataforma wix.com, que ofrece a posibilidade de que cada un faga a súa propia páxina de xeito gratuito. Como nada é completamente gratis, wix tamén ten as súas “contras”. Por exemplo, a publicidade, ou que o enderezo sexa un pouco complicado. A diferenza é que para ter un dominio propio, cun enderezo máis curto, e sen anuncios, hai que pagar unha pequena pasta ao ano. E vai ser que non.

Así que recoméndovos que gardedes o enderezo no “favoritos” do voso explorador, para telo a man, e botar un ollo de cando en vez. Eu procurarei ir actualizando a web todo canto poida, e sempre e cando teña fotos que merezan a pena. O cal significa que non será moi a miúdo. En calquera caso, sempre teño o recurso de tirar de fotos do meu arquivo. Se é que queda algunha boa por subir…

En fin, que espero que vos guste a web, que vos gusten as fotos, e por suposto, se queredes facer algunha suxestión, será moi ben recibida. Outra cousa é que se lle faga caso, pero recibir, será ben recibida. Por estas. MUACS!

h1

Contracorriente

1 Marzo, 2012

Sin Dios, Guerra a la guerra

Por fin, case dez anos despois de que os Sin Dios usaran unha das miñas imaxes para o seu disco Recortes de Libertad, atopo a alguén que non só é fan do grupo, senón que recoñeceu a portada do album cando lle ensinei a foto. E esa persoa tivo que vir de tan lonxe como Ecuador! Casualidades raras da vida.

(Si, xa sei que é a primeira entrada do ano e que non conto moito, pero tranquilos, en breve regresarei con importantes novidades nas que estiven traballando neste tempo)

 

Finally, I made acquaintance of somebody who is not only a fan of the group Sin Dios, which ten years ago used one of my pictures as the cover for one of their records, but who also noticed the relation when I showed him that photo. And this person comes as far as from Ecuador! It seems that my work is known overseas –but not in Spain.

(Yes, I realize this is my first post of the year, and has not much content, but soon I’ll be back with more interesting news…)

h1

Santa Claus

24 Decembro, 2011

The Sonics

 

Xa sabemos todos que a cousa está difícil, así que deséxovos todo o mellor para o próximo ano, e que Santa Claus traia todo o que lle pedichedes, polo menos a aqueles que foron bos. E para aqueles aos que non vos traia nada por ter sido malos… pois mira, que vos quiten o bailado en 2011!

 

Felices festas e feliz ano

Merry Christmas and happy New Year

Veselé Vánoce a Šťastný Nový Rok

h1

D-generated

16 Decembro, 2011

By D-Generation

 

Polas mañás érgome cedo, sen facer ruído para non espertar á muller. Logo marcho da casa, e paso un par de horas deitado nunha camilla, mentres unha rapaza me dá masaxes e me aplica descargas eléctricas. Non volvo á casa ata o mediodía, cunha perna afeitada e cheirando a alcohol. E a iso chámanlle rehabilitación? A min paréceme o plan de fin de semana de C.h.a.r.lie  Sh.e.en!

 

 

h1

Rehab

13 Decembro, 2011

Si, xa sei que é de Amy Winehouse, pero teño os meus motivos…

 

Aquí estou de volta, un ano máis vello e vencendo a preguiza que dá escribir. Semella que o esguince subiume ata o cerebro, e que cústame máis contar as miñas historietas. Tamén pode ser causa da idade. E non é que houbera moitas novidades neste tempo, porque entre unha cousa e outra, estou bastante parado (é un chiste).

O caso é que o maldito nocello segue a darme a lata. Relendo o último post, queda claro que como adiviño non teño ningún futuro (mira, outro chiste). Nin curei o pé en tres semanas, nin se cumpriron as expectativas que anunciaba sobre a temporada de setas.

Así que sigo coxo, sen poder andar moito, sen conducir, e por suposto, sen actividades complicadas como correr ou saltar: se non son capaz de aguantar moito tempo de pé, non digamos xa o que sería facer deporte. De feito, o problema non é unicamente o esguince, senón unha tendinite que previamente sufría no Aquiles, e que podería ter devido en rotura de non ser por unha oportuna patada que me impuxo o necesario reposo.

O estraño caso do meu nocello con forma e tamaño de cebola levoume a consultar varios médicos, e todos dixeron o mesmo: o deporte é malo para o corpo, e a certas idades, é peor. Algo xa sabido e comentado neste blog. A última traumatóloga coa que consultei recomendoume que, a non ser que gañase diñeiro co tema do fútbol sala –que non vai ser o meu caso-, me dedicase a cousas máis suaves e apropiadas á miña condición e senectude, como o ioga, a natación, ou mirar obras (iso si, sentado). Xusto, xusto, o mesmiño que me di a muller. Sniff.

Así que os médicos mandaron que tiña que ir a rehabilitación, e vendo o que lle pasou á Amy por dicir “Non, non, non”, eu dixen “si, si, si”, e comezarei esta mesma semana. Obríganme a facer un montón de cousas, das que a metade non sei o que significan. Teño que facer potenciación muscular dos sóleos (?), propiocepción (¿?¿?), un lote máis de tratamentos, e o que mellor pinta me ten, cinesiterapia. Sospeito que isto último é ver películas motivacionais sobre xente que supera as súas limitacións físicas, tipo Rocky, Fama, Carros de Fuego ou John Bobbit.

Vamos, que o esguince segue dando pé (outro chiste máis, hoxe estou que racho) a moito comentario, pero ao mesmo tempo, impídeme facer unha vida normal. Isto significa que apenas saímos dúas ou tres veces a por cogomelos, e só en zonas de pouco monte… pero todas con resultados magníficos. A temporada non foi boa, porque o verán durou dous meses máis do previsto, pero aínda así nós tivemos sorte. Creo que este ano collemos os mellores boletus da historia, sobre o cal algúns afortunados lectores poden dar fe. E outros aínda están a tempo de facelo, porque témolos conservados.

Queda unha última cuestión, relacionada en certo modo cos cogomelos. Hai uns días, ao comezo do acueduto festivo este, visitamos a Mr. E. en Ourense. A escusa que puxemos foi a de apañar níscalos nos montes que el coñece, pero o motivo real era que nos levase de paparota e a bañarnos nas augas quentes da súa cidade. Nas naturais e termais, que das outras xa temos na casa. Ou pensades que non nos lavamos? Mentres estabamos pracenteiramente a remollo durante horas como bacallaus curados, algún desaprensivo rompeunos un dos cristais do coche, así, en complot, con la intención de revolver, a ver si encontraba algo de valor…

 

E revolveron, e atoparon, e roubaron unhas gafas de sol, produto de gran valor e especialmente demandado no mes de decembro. Por suposto, non levaron nin os quilos de setas, nin moito menos os libros que tiñamos no carro, porque esas porquerías non as quere ninguén. O coche xa está arranxado grazas ao seguro, que para iso está, pero desde ese momento Ourense queda engadida á lista de vilas que non volveremos visitar co 206, xunto con Vigo.

A este ritmo, ou deixamos o coche no garaxe e nos movemos con excursións desas de “ao regreso, demostración de olla express”, ou imos tachar tantos destinos que o noso vai parece o mapa dos Simpson cos estados nos que teñen prohibida a entrada.

 

PD: Seica o da cinesiterapia non consiste precisamente en ver películas, senón en facer exercicios co pé… pois case o prefiro, porque se me chegan a poñer unha peli xaponesa como a que vimos en Cineuropa, si que me ía dar un esguince cerebral grave.

 

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.