h1

Stupid fuckin’ people

8 Febreiro, 2010

The Bellrays

O pasado sábado, fixemos unha visitiña curta a Vigo, para ver o Museo de Arte Contemporánea; e xa de paso aproveitamos para sacar unhas fotos, cear con Bea e coñecer a José III de Urgal y Puentes. Por certo, que pasa nesa cidade que todos os homes levan o mesmo nome? Ou é que o desta rapaza é obsesión? Contounos da súa nova empresa, e dos moitos proxectos que ten… e que desexo que collan forma. E á volta da cena, atopámonos con que un amable veciño da cidade olívica nos deixara este fermoso e imborrable recordo, feito coa roda de reposto dun todo terreo, segundo deduciu o meu mecánico a raíz da forma do golpe e dos tacos de goma impresos:


A pena é que o artista preferiu ser anónimo, e non deixou a súa firma, nin sequera un número de teléfono ao que chamalo para agradecerlle a súa obra. E realmente perdeuse un montón de palabras bonitas que lle tiña pensado dicir…

Acabo de chegar do taller, e xa teño, moi por enriba, diagnóstico e orzamento. Vaime tocar cambiar o capó, porque este está todo dobrado na parte frontal, e se conseguen un de segunda man, a cousa vai quedar en só uns 270 ou 300 euros. Marabilla. Toda unha peza de arte exclusiva polo custe da letra dun coche novo. Que sorte a nosa. Aínda non ten 100.000 km e xa parece o carro de Frankenstein.

Xa sei que diredes que son racista, pero máis alá da fama e do famoso chiste sobre o mal que se conduce en Vigo, isto é o colmo do incivismo e do filloxxxxxismo. Xa sei que haberá quen me lembre que a muller do meu tío Miguel é viguesa e, pola contra, boa persoa, e ata parece que sabe conducir. Pero … Para que ten esta xente seguros? Ou é que poden pagar un 4X4 e non unha chamada a ING Direct? Ou é que, directamente, dálles igual escarallarlle o coche aos demais? Teño a impresión de que en Vigo falta, en xeral, un pouco de respecto polos demais -e por si mesmos-. E se aínda por riba trátase dun vigués cun todo terreo, xa a temos clara.

Ara di que non me estrese, que podía ser peor e tal. Pero a min o que me pide o corpo é facer como o francotirador de Romero Donallo e pasar a noite na galería, esperando a que pasen os pijos cos seus coches grandes e….

O que está claro é que vai pasar moito tempo antes de que me apeteza volver a Vigo. E de que teña cartos para ir a calquera outro lugar.

Last Saturday, we visited the Contemporaneous Art Museum, in Vigo. I also took some pictures and in the evening, we had dinner with Bea. She introduced us her new boyfriend, also called Jose (she had three consecutive boys called Jose) and told us about her new enterprise.

When we came back to our car, we found this nice souvenir from a Vigo’s resident, made with his/her 4X4 spare wheel:

Of course, this artist left no signature, no phone number to call him back and thank such a wonderful present with a bunch of nice words from my repertory…

I’ve just come back from the mechanic and the reparation will cost 300€ and a new egine bonnet. Such an exclusive piece of art for a ridiculous price. Poor car. 99.000 km yet, but it looks like the Frankenstein car.

I know, you’ll say I’m a racist, but people in Vigo drive very bad. Please, try to find a good e-translator for this post and then you’ll understand what I mean. Why somebody who can afford a 4X4 doesn’t stop and leave their number? Don’t they have an insurance? Maybe, they don’t care about other people and their cars.

I think I won’t a go again to Vigo, for a long time… to any place at all, actually, until I save some money.


4 comentarios

  1. Di a tua tia viguesa que tes razon……de feito eu corraboro as tuas verbas….que mal conducen nesa aldea……e seguro que @ fulan@ non tiña seguro……


    • non tes mais que ler no xornal as novas de accidentes de coche ali….


  2. [...] máis próximo. Así que comecei por Ferrol, onde xa debo ter club de lectores ofendidos. Logo, tocoulle a Vigo e aos seus condutores. Pero o resto de vilas e cidades de Galicia non van marchar de rositas. E de aquí, ao [...]



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.