h1

Héroe de mi casa

8 Xullo, 2011

Jordi Skywalker

“Como un viento salvaje color azul, arrasando con todo vengo del sur. Yo soy el héroe de mi casa, el enemigo de la grasa. No hay plato que pueda conmigo ni rincón que no haya barrido. Inspiro y me enfundo los guantes de goma. Con la fregona me siento otra persona. Empieza el baile, meto el mocho en la lejía; déjame que me ría… Mmmuaaaajajajaaaa. Sacudo alfombras hago camas limpio el váter riego las plantas pongo el agua a calentarse. Como un viento salvaje color azul…”

 

 

Unha das consecuencias da miña situación non-laboral é a de poder pasar máis tempo na casa, despois dunha tempada na cal isto era a excepción. Lembro un día, hai poucos meses, no cal Ara chegara xa de noite, e ao atoparme díxome “¡Estás aquí, que sorpresa!”. Empezaba a correr o risco de que un día xa nin me recoñecese…

Ademais das diversas tarefas cotiás, como facer a comida (que difícil é elixir os menús cando se cociña todos os días!) e a limpeza, paso o tempo cos últimos axustes da mudanza e rematando de poñer o piso ao noso gusto. Tirando dos meus xenes Villamor e Meléndez, ando ocupado na bricolaxe, pero sen agobiarme moito, facendo chapucillas por aquí, restaurando mobles vellos por alá…

Outro dos meus pasatempos é o de coidar das plantas da terraza. Teño a todas as vellas do patio de mazá entusiasmadas cos meus parterres de lavanda, petunias, cufeas e demais. Pero a min, o que máis me cunde son as leituguiñas e as plantas aromáticas, e poder darme o gustazo de cociñar con ourego e albahaca frescos, recén collidos. Se non fora porque cortei a coleta, podería pasar por colaborador de Bricomanía.

Por certo, teño un problema coa horta, para o cal preciso de axuda: unha praga de mini-saltóns que se dedica a asolar a miña plantación, pese aos meus esforzados intentos por exterminalos (que basicamente consisten en espachurrar os que atopo, o can non é fácil dado que son tan pequenos que pasan facilmente desapercibidos). Nesta guerra alieime coas mini-arañas, que xa están tomando as posicións estratéxicas desde as que atacar ao inimigo. Pero á espera da gran ofensiva, ¿alguén pode ofrecer consello, de carácter bélico ou político, sobre como lograr unha vitoria total sobre os mini-saltóns?

¡Existen! ¡Non é a miña imaxinación!

 

Como di Jordi Skywalker, estou feito un heroe da casa… e tamén de todo o edificio, axudando a damas en apuros, rescatándoas do seu encerro no ascensor, devolvéndolles a honra (e as bragas) que perderan mentres tendían a colada, ou informándoas sobre os usos culinarios de certas plantas. Así que, mentres sigo esperando a prometida visita dalgún dos lectores deste blog –anunciada para a semana pasada, e da cal aínda non se sabe nada-, permitídeme que vos dea un último super-consello: ¡NO ME PISES LO FREGAO!

 

4 comentarios

  1. Mmm, eu teño pulgóns nas xudías e vou probar con auga de ortigas que me recomendaron como insecticida natural. A ver qué tal, xa che contaréi…


  2. Eu tiven un problema semellante pero coa temida cochinilla algodonosa, logo de probar a exterminalas unha a unha con bastoncillos empapados de alcol -disolvíanse pero sempre quedaba algunha e volvían- con tabaco fermentado en auga -como escoitas, resultou unha solución temporal pestilente- optei por baixar ao viveiro e pedir un liquidito que o disolvías e logo fumigabas… e oes, man de santo.

    Así que o meu consello é que te decidas pola guerra química, pode non ser moi deportiva, pero abofé que é eficaz. Eso si, busca asesoramento profesional.

    E si non un gato. ;)


    • Si, o tabaco macerado… eu probeino algunha vez co pulgón, pero é difícil acabar con todos. De momento estou criando unha horda de arañas, que xa empezaron a causar baixas entre as filas inimigas…


      • Un colega da canallesca criou nonseiqué tipo de arañas para acabar cos bichos, e creo que ao final estiveron bastante tempo convivindo coas arañas :D



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.