
With friends like you, who needs friends
30 Agosto, 2011The nightriders
Desde o día de hoxe, a nosa experiencia musical mellorou de xeito moi sensible, grazas aos magníficos altavoces que nos regalou Mr. E, e que el atopara xunto a un contedor do lixo. Non só funcionan perfectamente, senón que ata son bonitos e de aspecto moderno. Se é que a xente tira cada cousa…
Ademais, con ese agasallo, Mr. E conseguiu que lle revocase as cualificacións de Amigote, Mala Influencia e Persoa non Grata, que eu lle acababa de outorgar en relacións cuns sucesos acaecidos en diversos bares da cidade entre a noite do luns e as seis desta mañá, pero que non veñen ao caso nin están relacionados cos contidos deste blog.
Moitas grazas, Mr. E!
Veña, que agora vai resultar que vos induzo a beber licorescaféses!
A verdade e que os altoparlantes eses da basura son ben chulos, sacalle unhas fotos para que se vexan!