
D-generated
16 Decembro, 2011
Polas mañás érgome cedo, sen facer ruído para non espertar á muller. Logo marcho da casa, e paso un par de horas deitado nunha camilla, mentres unha rapaza me dá masaxes e me aplica descargas eléctricas. Non volvo á casa ata o mediodía, cunha perna afeitada e cheirando a alcohol. E a iso chámanlle rehabilitación? A min paréceme o plan de fin de semana de C.h.a.r.lie Sh.e.en!
