Arquivo para a categoría ‘Compilation’

h1

La historia se repite

17 Abril, 2012

Reincidentes,  do disco ¿dónde está Judas?

E aquí a letra

Hai xa nove anos, Víctor García León dirixiu un corto no que participaron coñecidos actores españois. A película narraba unha suposta polémica, suscitada a raíz da caza dun elefante africano por parte do Rei… Alfonso XIII en 1924, co país en plena crise política, económica e social, afundido por guerras, corrupcións e unha clase empresarial inepta. Sería precisamente aquel elefante o que propiciaría a chegada da II República.

Por sorte, o pasado, pasado está, e o noso país non ten nada que ver co de aquel entón.

El elefante del rey from Jose Ramon Lorenzo (montador) on Vimeo.

 

h1

Free yourself / Get on your knees

10 Xullo, 2011

Los Canarios

 

Ai, amigo Teddy, a ver como te liberas desta…. Pa min, que nin poñéndote de xeonllos e rogando amor. Coas cousas boas que facías como músico, quen te mandaría pasarte ao lado escuro?

 

h1

What’s my name

16 Febreiro, 2011

The clash, Garageland. 1977

 

Algúns de vós xa coñecedes a historia do meu nome, tantas veces contada en reunións familiares. E non me refiro ao feito en si de que herdei o do meu bisavó, senón ao modo como me foi posto. Segundo xa expliquei nun post anterior, o meu nome estaba case “maldito” dentro da familia, despois do asasinato do meu bisavó e da morte en accidente laboral do seu fillo. Despois destes sucesos, a miña bisavoa Pepita prohibiu que ninguén máis o levase, para evitar desgrazas (e supoño que, tamén, para evitar as consecuencias derivadas de ter ese nome e ese apelido no contexto político da época).

 

O caso é que xa no seu momento a miña avoa quixera rescatar o nome para poñerllo ao seu fillo; e conseguiuno a medias. A súa nai, Pepita, permitiu que o seu neto o levara de segundo, como adorno sen uso, pero nada máis. Anos despois, cando nacín eu, meus pais decidiron honrar a memoria do meu bisavó. Pero para facer iso precisaban contar co permiso de Pepita. E claro, ninguén se atrevía a preguntarllo directamente, non fora a ser…

 

Así que optaron por unha solución “á galega” e argallaron unha estrataxema ben curiosa: puxeron un papel na porta da habitación do hospital onde estaba eu coa miña nai, para que todos os interesados votasen que nome se me poñería. Por suposto, estaba todo amañado e a única función desta enquisa era ver a cal das propostas lle daba apoio a miña bis; ou mellor explicado, se votaba pola proposta “oficial” e daba así o seu permiso. Pese a estar amañado (ou precisamente por iso) algúns dos que fixeron visita saltáronse o guión, e ofreceron alternativas como Gregorio, en honra ao santo do día (este foi o meu avó materno), ou a feita por un amigo da familia, quen escribiu Ramsés e a continuación media ducia de votos apoiando esta opción.

 

Por desgraza, o truco non funcionou. Pepita estaba enferma naquela época, e non puido visitarme no hospital. Así que houbo que pedirlle o seu permiso ás claras, falando cara a cara, poñendo todas as cartas enriba da mesa e o churrasco na lareira, como se fai neste país. En resumo, segundo teño entendido a miña avoa chamouna por teléfono, e preguntoulle: “¿Que nome queres que lle poñan ao neno?”. Ao que a miña bisavoa respondeu: “Ti xa o sabes”. ¡Hala! ¡Todo resolto! Quedou clariño, ¿verdade?. Ningunha dúbida. Galicia is different.

 

Levar un nome así foi un gran peso para min; e non me refiro á importancia que ten dentro da familia. Durante longos anos ao inicio da miña vida tiven que soportar un montón de chistes moi pouco graciosos e incluso crueis, e unha serie de diminutivos que me parecen ridículos e que proviñan principalmente dos compañeiros da escola. Cheguei mesmo a ter envexa dos nenos que se chamaban con nomes tan normaliños como Carlos ou Javier. Incluso estiven enfadado coa familia por terme feito semellante faena. Pero co tempo aceptei o meu nome, e a verdade, xa non me parece tan estraño. De feito, conto isto porque quero poñer en paz esta parte da miña vida, e darlle grazas á miña familia polo meu nome. En serio. Podería ter sido moooooito peor. Lembrade que podería terme chamado Gregorio, ou Ramsés. E non quero contarvos o que podería terme pasado no caso de nacer en Huerta del Río.

h1

Mini bar blues

8 Xaneiro, 2011

Brian Setzer

O malvado plan de dominación mundial das iguanas azuis continúa adiante! Despois de dúas películas e unha empresa de software; logo de abrir restaurantes en Fairfax, Vancouver, en Salt Lake City, Utah, en Magnolio, Texas, en Lincoln Park, Michigan, e un hotel en Ojai, California; unha discoteca en Lleida e un club en Prattville, Alabama; un bar de copas en Valencia e unha empresa de submarinismo en Florida; e ata un antro latino en Beaverton, Oregon, abrimos unha nova sucursal na Coru. Prepárate; pronto serás noso!

 

Blue iguana’s evil plan for world’s domination keeps going! After two films and a software business; restaurants in Fairfax, Vancouver, in Salt Lake City, Utah, in Magnolio, Texas, in Lincoln Park, Michigan, and a hotel in Ojai, California; a disco bar in Lleida, Spain, and a bar & grill in Prattville, Alabama; a club in Valencia, Spain, and a latin hole in Beaverton, Oregon, we’re opening a new branch in Coruña, Spain. Get ready, we’re coming for you!

 

h1

Let’s dance

16 Outubro, 2010

(Chris Montez cover by Ramones)

Ok, people, now I want you to make me dance! And I wanna see you dancing too! C’mon everybody, do the ugly dance! (and post your dances here)

(grazas polo link, tito)

h1

EMI

27 Setembro, 2010

Sex Pistols, 1977

 

 

Se no post anterior recomendábavos unha serie española (Ciudad K, hoxe mesmo ás 21:30  na 2), neste quero recomendarvos unha serie americana, Modern Family. Foi a auténtica triunfadora nos pasados premios EMI (si, eses nos que Perdidos non levou nin tan sequera un), pero nós xa eramos seguidores desde antes (sabendo como somos, agora que empezará a ser coñecida seguro que nos volvemos antifans).

 

É unha sitcom sobre unha familia moi pouco peculiar, na cal Jay, o patriarca (anteriormente coñecido como All Bundy) está casado cunha rapaza colombiana -da idade da súa filla- que ten un fillo, Manny, moi peculiar -da idade do neto de Jay; de feito, presume de ser o tío deste último-. Jay ten dous fillos, unha rapaza, Claire (casada e á súa vez con tres fillos), e un rapaz, Mitchell (gay, casado, e cunha filla vietnamita á cal adoptou). O marido de Mitchell, Cameron, é quizais o mellor personaxe da serie. A serie está narrada en modo de falso documental, incluíndo escenas de “confesionario” ao estilo Gran Irmán. E aquí é onde Cameron se destaca como o auténtico descubrimento televisivo dos últimos anos (alcanzando case o olimpo de recentes secundarios inmortais como Koothrappaly ou o irmán de Earl).

 

Agora están comezando a emitila a través dos canais da TDT, e seguro que pronto estará nas televisións xeralistas. Pero é mellor que a vexades en versión orixinal. Traducida perde moito. Buscádea en internet, atoparédela moi facilmente. Vale a pena.

 


 

 

Have you already watched Modern Family? Do you know this series? Filmed as a false documentary -including Big Brother’s style scenes-, MF follows the families of Jay Pritchett (formerly known as All Bundy) and his wife Gloria, a Colombian woman who’s much younger than his husband. Both raise Gloria’s son, Manny, a surprising boy aged ten who’s a chess and sword master, and a romantic lover. Jay has, from a former marriage, a daughter (Claire) and a son (Mitchell); Claire is married and has 3 children, while Mitchell is a gay man, married with a histrionic man called Cameron. This character is, for me, the best one in the series, and one of the biggest TV secondary roles fron this time (maybe, matching the level of Koothrappaly, or even Earl’s brother).

 

Modern Family was the great winner in the last EMI awards (and Lost got NONE). Of course, we were followers BEFORE it was awarded (as far as I know ourselves, if the series turns famous, we will start to criticize it soon). You should check it. I’m pretty sure you’ll like it.

h1

Ignorance is bliss

22 Setembro, 2010

(Ramones)

Benvidos á cidade co maior nivel cultural do mundo: Cidade K. Os luns, ás 21:30, na 2.

Ciudad K


En Ciudad K só hai unha igrexa. E un só cura. E unha soa fregresa, que dedica as misas a cuestionar a Biblia e a intentar que o cura entre en razón e abrace o ateísmo. Que lle imos facer, o racionalismo ateo trunfou sobre a fe.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.