Arquivo para a categoría ‘Oldies’

h1

What’s my name

16 Febreiro, 2011

The clash, Garageland. 1977

 

Algúns de vós xa coñecedes a historia do meu nome, tantas veces contada en reunións familiares. E non me refiro ao feito en si de que herdei o do meu bisavó, senón ao modo como me foi posto. Segundo xa expliquei nun post anterior, o meu nome estaba case “maldito” dentro da familia, despois do asasinato do meu bisavó e da morte en accidente laboral do seu fillo. Despois destes sucesos, a miña bisavoa Pepita prohibiu que ninguén máis o levase, para evitar desgrazas (e supoño que, tamén, para evitar as consecuencias derivadas de ter ese nome e ese apelido no contexto político da época).

 

O caso é que xa no seu momento a miña avoa quixera rescatar o nome para poñerllo ao seu fillo; e conseguiuno a medias. A súa nai, Pepita, permitiu que o seu neto o levara de segundo, como adorno sen uso, pero nada máis. Anos despois, cando nacín eu, meus pais decidiron honrar a memoria do meu bisavó. Pero para facer iso precisaban contar co permiso de Pepita. E claro, ninguén se atrevía a preguntarllo directamente, non fora a ser…

 

Así que optaron por unha solución “á galega” e argallaron unha estrataxema ben curiosa: puxeron un papel na porta da habitación do hospital onde estaba eu coa miña nai, para que todos os interesados votasen que nome se me poñería. Por suposto, estaba todo amañado e a única función desta enquisa era ver a cal das propostas lle daba apoio a miña bis; ou mellor explicado, se votaba pola proposta “oficial” e daba así o seu permiso. Pese a estar amañado (ou precisamente por iso) algúns dos que fixeron visita saltáronse o guión, e ofreceron alternativas como Gregorio, en honra ao santo do día (este foi o meu avó materno), ou a feita por un amigo da familia, quen escribiu Ramsés e a continuación media ducia de votos apoiando esta opción.

 

Por desgraza, o truco non funcionou. Pepita estaba enferma naquela época, e non puido visitarme no hospital. Así que houbo que pedirlle o seu permiso ás claras, falando cara a cara, poñendo todas as cartas enriba da mesa e o churrasco na lareira, como se fai neste país. En resumo, segundo teño entendido a miña avoa chamouna por teléfono, e preguntoulle: “¿Que nome queres que lle poñan ao neno?”. Ao que a miña bisavoa respondeu: “Ti xa o sabes”. ¡Hala! ¡Todo resolto! Quedou clariño, ¿verdade?. Ningunha dúbida. Galicia is different.

 

Levar un nome así foi un gran peso para min; e non me refiro á importancia que ten dentro da familia. Durante longos anos ao inicio da miña vida tiven que soportar un montón de chistes moi pouco graciosos e incluso crueis, e unha serie de diminutivos que me parecen ridículos e que proviñan principalmente dos compañeiros da escola. Cheguei mesmo a ter envexa dos nenos que se chamaban con nomes tan normaliños como Carlos ou Javier. Incluso estiven enfadado coa familia por terme feito semellante faena. Pero co tempo aceptei o meu nome, e a verdade, xa non me parece tan estraño. De feito, conto isto porque quero poñer en paz esta parte da miña vida, e darlle grazas á miña familia polo meu nome. En serio. Podería ter sido moooooito peor. Lembrade que podería terme chamado Gregorio, ou Ramsés. E non quero contarvos o que podería terme pasado no caso de nacer en Huerta del Río.

h1

Calvin

12 Maio, 2009

Jon Spencer Blues Explosion

O vídeo ese do rapaz drogado lembroume un sucedido de cando era eu meniño… e decidín misturalo coa miña banda deseñada favorita.

That video of a drugged boy reminded me of something that happened to me, when I was young… so I decided to mix it with my favourite comic.

Galego

fregas

English (Please, check it)

fregas eng

h1

I need Somebody

9 Xaneiro, 2009

(Iggy & The Stooges, Raw Power, 1973)

 

Acabo de enterarme, cun par de días de retraso, de que morreu Ron Asheton, guitarrista dos Stooges. Hai días que mellor non erguerse da cama.

Resulta incrible que poida sentirme afectado pola morte dun home ao que realmente non coñecín e ao que vin só nunha ocasión, pero ao que teño tanto que agradecerlle… Todo o que me fixo sentir tocando a súa guitarra, e despois o baixo, acompañando a Iggy nos Stooges.

 

O mundo non voltará a ser o mesmo. Sempre gardarei, ata que o alzheimer consiga borralo, a lembranza de aquel concerto no Monte do Gozo, no que estiven a piques de subir con eles ao escenario, de no ser por culpa dun inoportuno mangeuirazo no último segundo.

 

Jesus Loves the Stooges. E eu tamén. Descansa, Ron, que cando vaia eu a onde queira que esteas agora, non has parar de tocar.

 

 

 

Ron Asheton, Stooges’ guitar player,  is dead. Days like this, one shouldn’t get up from bed.

 

It may sound incredible, but I feel affected by his death. Somebody I don’t know and whom I’ve seem just once. But I have to thank him what he made me feel, playing guitar, and later bass, with Iggy in the Stooges.

 

The world won’t be the same. I will always keep for myself, as long as I could, the memory of that concert they played in Santiago, where I was about to jump over the stage with them, when an innoportune spurt of water from a housepipe prevented me from doing so.

 

Jesus loves the Stooges. As I do. Rest in peace, Ron, ‘cause when we’ll met, whereever we’ll be, you won’t stop playing for me.

 

We are shocked and shaken by the news of Ron’s death. He was a great friend, brother, musician, trooper. Irreplaceable. He will be missed.

For all that knew him behind the façade of Mr Cool & Quirky, he was a kind-hearted, genuine, warm person who always believed that people meant well even if they did not.

As a musician Ron was The Guitar God, idol to follow and inspire others. That is how he will be remembered by people who had a great pleasure to work with him, learn from him and share good and bad times with him.

Iggy, Scott, Steve, Mike and Crew

—————————————–

I am in shock. He was my best friend.

Iggy Pop

 

 

well i am your crazy driver.
honey i’m sure to steer you wrong.
i am dying in a story.
i’m only living to sing this song.
(just the same, baby…)

i need somebody, baby.
i need somebody, too.
i need somebody, baby.
just like you, just like you, just like you.

well i’m losing all my feelings.
and i’m running out of friends.
you know you lied to me in the beginning.
baby, and now you’re gonna try to bring me.
try to bring me to the end.

i need somebody, baby.
i need somebody, too.
i need somebody, baby.
just like you, just like you, just like you.

well now it’s time to leave this signal.
the interference is too strong.
yeah i got my reputation.
ride them airwaves, now too long

i need somebody, baby.
i need somebody, too.
i need somebody, baby.
just like you, just like you, just like you

h1

Bandido

9 Decembro, 2008

  

(Miguel Bosé. Bandido. 1984)

 

Verán. Hai 18 anos. Unha familia de catro membros, pai, nai e dous fillos. Un Opel Kadett case a estrear. Unha viaxe desde Santiago ao Algarve portugués, atravesando a península ibérica de norte a sur. Unha lembranza idílica, que está a piques de convertese nunha historia de terror, porque o que os ocupantes do vehículo non saben é que….. no coche só hai unha única cinta!!!!

 

Non lembro exactamente o ano, pero debía ter eu 11 ou 12 (así que ao redor dos 90). Era case a primeira vez que saía de España (ra–ra–rá), era o meu primeiro pasaporte, eran as primeiras vacacións nas que non íamos de camping ao Grove con todo o resto da familia. Foi tamén a viaxe doutras experiencias inesquecibles, como o meu primeiro bacallau con natas, as primeiras manteigas con sal, as primeiras aletrías, as primeiras charletas con portugueses, que tamén son humanos….

 

Como dicía antes, a única ‘pega’ foi que no coche só había unha cinta, propiedade dos meus vellos. Así que as opcións eran escoitar a radio portuguesa (coa dificultade idiomática evidente, ademais da imposibilidade de manter a frecuencia sintonizada por máis de 15 minutos) ou poñer unha e outra vez o mesmo disco. De Santiago de Compostela a Armaçao de Pera, en Faro, no Algarve, hai 764 quilómetros en liña recta. Moitos máis facendo turismo e parando de vila en vila. Suficientes como para aborrecer discografías enteiras. Por fortuna, a cinta era dun dos meus artistas preferidos daquel momento. Xa non era un éxito tan recente como para soar na radio, pero para min seguía sendo unha obra mestra.

 

Uf. A estas alturas xa vos dades conta do que me custa falar destas cousas. É unha situación difícil para min, xa que este post vai destruír moitos preconceptos que algúns de vós tedes sobre min. Este segredo só é coñecido por algúns achegados moi íntimos, e se agora vouno facer público, someténdome ao escarnio social e ao ostracismo, é motivado polas circunstancias e a ignominia de ter agachado esta verdade durante tanto tempo.

 

Eu era novo, e inocente. Pero non facilmente suxestionable. Comezaba a formar o magnífico criterio musical que me distingue agora. Non era, xa daquela, moi dado a seguir as modas, pero si era capaz de recoñecer algo auténtico cando o tiña diante. Por iso non me importaba que se meteran con el. Por iso non me importaba que criticaran Salamandra e dixeran que era moi floxo, pese a que era o disco que incluía Nena. Por iso non me importaba que dixeran que era maricón, cando estaba ben claro que era bisexual. Por iso, eu fun fan de Miguel Bosé, o Bowie español!!! Por iso, e polo nimio motivo de telo escoitado máis de 300 veces, aprendín Bandido de memoria. Por iso, cada vez que soa nalgún lado, non podo evitar poñerme a cantar esa canción. Que vergoña.

 

Iso si, por moito que vos cachondeedes, e incluso que algún de vós intente pagarme a entrada para rirse de min, non penso ir ao concerto deste sábado. A la mierda con Papito. Que volva o Bosé de verdade!.

 

E lembrade, antes de comentar nada, que eu tamén sei moitos segredos vosos e que todos temos un pasado chungo. Mmmmmmuaaaahaaaaahaaahaaaaahaaaaaa!!!!!.

 

  

 

h1

I need lunch

26 Outubro, 2008

Dead Boys (video)

 

Como pode ser? En todo o tempo que leva este blog aberto, non puxen nin unha soa receita de cociña? Isto ten que cambiar! E teño que aproveitar que o Etel non me le e non pode dicir “¡Qué barbaridá! ¡Pero para qué haces eso! ¡Así lo estropeas!” e outras cousas semellantes, con moita razón.

 

Hoxe, aproveitando a fin de semana, fixen eu a comida:

 

PAVO CON ENSALADA TÉPEDA DE FROITAS

 

Para facer esta receita, precisades pavo, evidentemente (zanco ou peituga), froita a esgalla, como se vivísedes nun paraíso tropical (piña, mazá granny –áceda-, laranxa, granadas e mango, neste caso), allo porro e un pouco de licor (ron).

 

Preparamos o pavo, salpimentado e rebozado en fariña. Dourámolo en aceite morno; non se trata de fritilo, senón de facer un pouco a parte exterior da carne, para que ao asala non perda xugos. Cando está xa dourada, botamos un pouco de ron ou brandy (sí, para iso se usa, e non para que vos zumbedes cubatas a escondidas, cachoperros) e evaporamos o alcol.

 

Pelamos e cortamos a froita. Poñémola nunha bandexa de forno, cun pouco allo porro. Coamos o líqudo no que douramos o polo, para evitar que leve fariña, e pasámolo a un vaso ou semellante; podemos agora, aproveitando que está quente, engadir unha pouca mel e/ou unha pouca mostaza para facer o prebe agridoce. Con este líquido, mollamos un pouco tanto a parte superior da carne, como as froitas.

 

Poñemos a carne sobre as froitas e metemos a bandexa no forno; aproximadamente a 170º-190º durante 20-30 minutos, pero iso depende do tamaño da carne e do forno. O noso é demasiado malo como para fiarse del.

 

Cando a carne está xa feita, montamos o prato. Comprade un empratador, que non son tan caros e duran toda a vida! Eu non misturei as froitas na bandexa, senón que coloqueinas agrupadas, para despois poder empratar por capas. O allo porro sí pode ir mesturado polo medio, para que sorprenda o seu sabor entre as froitas. Tamén podedes poñer unha pouca leituga cortada fina e misturada polo medio das froitas. Teredes ademais un rico xugo das froitas que podedes empregar como mollo.

 

Et voilá. Listo. Xa podedes sorprender a esa persoa tan especial. Iguanas Azuis, un blog de servizo público, señora! Aquí podedes ver o resultado:

 

 

E agora a verdade. O pavo quedoume crú, e costaba realmente comelo pese a que dinlle outro asado. A laranxa chupara parte do alcol, pese a que fervera e flameara, e sabía agria. Pero bueno, o resto das froitas estaban ricas.

 

Menos mal que o boi que papáramos antes estaba cogonudo…

 

Dedicado a Nacho, con todo o respecto que merece quen se atreve a enfrontarse aos seus retos.

 

h1

1936

29 Setembro, 2008

Sin Dios

 

Hai hoxe 71 anos mataron a un home nunha cuneta. Sabemos o cómo, o cando e o onde. Non é, xa que logo, un desaparecido. Non nos importa quen o fixo. Foi unha vítima dun tempo, a man culpable é o de menos. O único que descoñecemos, que non entendemos, é o porqué.

 

Aínda hoxe, un xuíz intenta descubrir qué foi o que sucedeu naqueles anos bárbaros. Por qué un país enteiro entoleceu de rabia e pagou os seus medos e frustracións con xente boa. Por qué uns sacaron vidas ata que o vento cheirou a matadoiro; por qué outros sacaron os ollos para non ver o que sucedía. Quere saber quen morreu; quen mataba. Sen facer distincións, sen preguntarse os motivos. Á marxe de sentimentalismos. Só a verdade dos feitos. Non hai mellor xeito de encher as portadas dos xornais.

 

Hai outra xente que di que é mellor non reabrir as feridas. Que o que pasou, pasou. Hai xa moitos anos diso. Todo aquilo está superado. É mellor para todos esquecer. En todos os bandos sucedeu o mesmo. Hai que deixar descansar aos mortos e mirar cara ao futuro. Xa a ninguén lle importa, nin aos que vivían daquela.

 

Hai 71 anos mataron a un home na cuneta. E eu pregunto, tanto a xuíces como a curandeiros: Quen vai curar a infancia perdida dos seus cinco fillos? Que xustiza hai para unha muller que perdeu ao seu home? Como se pode paliar a dor dunha familia rota? Que testemuña queda dun home condenado ao esquecemento? Con qué fíos se suturan as ilusións perdidas e as esperanzas quebradas? Que sentenza redime do terror, dos asaltos nocturnos, das vexacións, do castigo social, da marca ‘roxa’? Que tratamento existe para sandar o medo acumulado durante decenios? Qué xurado decide cándo se deixa de sufrir por un pai morto? En qué vademecum se explica o que se sinte cando che rompen o corazón? Qué lexislación serve para explicar a enaxenación mental dun país completo? Qué escáner devolve a memoria que foi roubada?

 

E, finalmente, pregunto aos que aínda non entenden qué é o que senten as familias dos que morreron, nin que é o que reclamamos:

 

 

Quen lle vai devolver a vida ao meu bisavó?

 

 

71 years ago a man was killed in a ditch of a road. We know how, when and where he was murdered. He’s not a missing person.We don’t care about who’s the  assassin. He was a victim of that period, the guilty hand is a minor matter. The only point we don’t know, the only point we can’t understand, is the reason.

 

Nowadays, a judge is trying to find out what happened during those terrible years. Why a whole country turned mad and payed their fear and frustration against innocent people. Why a few took lifes until the air smelt like a slaughterhouse; why many took their eyes off and pretended they couldn’t see what was going on. He wants to know who killed, and who died. Regardless of any circumstance, regardless of any sentimentalism. Just the naked truth.

 

Some other people say: wounds are healed, it’s better not to re-open the scar. That time is gone. We did overcome. It’s better to forget. Crimes happened in both sides of the conflict. Let the dead rest in peace. Look to the future. No one cares, not even those who lived those years.

 

71 years ago a man was killed in a ditch of a road. And I ask to you, judges and quack doctors: Who will restore the lost childhood to his five children? Which justice can get a woman who has lost his husband? How can be alleviated the suffering of a broken family? Which witness can leave a man condemned to oblivion? How can be stitched lost hopes? Which  judgement can be passed to restore a soul from fear, from humiliation, from night assaults, from social punishment, from being marked as ‘red’? Which treatment exists to recover form a fright of decades? Which jury decides when somebody can stop crying for a dead father? Which vademecum explains how you feel when your heart is broken? Which legislation contains an explanation for the insanity of the whole of a country? Which scanner can put back the stolen memory?

 

And, finally, I ask to those who can’t understand yet how feel the families of the murdered during Spanish civil war, and what we  want:

 

Who will give his live back to my great-grandfather?

 

h1

Perforation problems

15 Setembro, 2008

Iggy Pop, American Caesar, 1993

 

Seguindo co balance do mes de agosto, e coas lembranzas familiares, contareivos que a finais do mes pasado axudei a montar os mobles da habitación da miña cuñada Laura. En plena resaca da viaxe a Exipto, e case sen descanso (literalmente), convertinme en improvisado obreiro da construción.

 

Está moi ben esta moda moderna de ‘mira que barato, que te lo montas tú mismo’. O problema chega cando hai que poñerse mans á faena, encaixar pezas que veñen sen pulir, cadrar as portas cos furados das bisagras, aparafusar parafusos en madeiras laminadas que non veñen perforadas… A que si, fans do IKEA?  Moito traballo, evidentemente, para a miña sogra e a miña cuñadiña. Como Araceli non ten irmáns, houbo que recorrer ao xenro, quen xa se ofrecera con antelación, pensando no ben que o ía a pasar. E agora é cando vén a cuestión familiar.

 

Por se non resultase suficiente que o meu bisavó Marcial fora ebanista, característica herdada de xeración en xeración e que é xa validable por medio título da FP, ademais, resulta que eu son un Meléndez. Tacháaaaaan!, si, e vós sen sabelo.

 

Qué significa ser Meléndez, preguntarédesvos? Pois veredes. Existen estudos científicos sobre a cuestión, realizados polos meus tíos biólogos –outro caracter de transmisión familiar- que afirman que existe un xen Meléndez que, basicamente, aporta dúas determinantes:

 

         1.- A primeira, positiva, fornece de habilidades construtivas, para o amaño de electrodomésticos, a montaxe e instalación de mobles e elementos decorativos, a realización de pequenas obras, etc. Combínase cunha paixón inusual polas ferramentas e os utensilios de bricolaxe.

 

         2.- A segunda, negativa, incapacita para conducir e facer actividades deportivas con aparencia externa de coordinación física.

 

         É pola segunda característica que só o meu tío Jorge, entre os seis fillos dos meus avós, ten o carné de conducir; pero claro, tamén é o único medio loiro-rubio, e ademais ata xogaba ao fútbol de pequeno e todo. Se non tivese tanto aspecto de Meléndez, parecería adoptado, pero non, só é que saíu raro. Aínda así, non nos avergoñamos del.

 

         É pola primeira característica que cando unha billa pingaba na nosa casa, chamabamos ao meu avó Joaquín; lémbrome de velo chegar de chaqueta, gravata e chaleco; desabotoar o abrigo e sacar unha chave ingresa de case 40 cm. de debaixo das solapas. A imaxe mesma do glamour fontaneiril.

 

         Na terraza da casa dos meus avós, no barrio santiagués da Pontepedriña, hai un auténtico mostrario de ferramenta, desde chaves de todo tipo a unha ampla gama de serras, serruchos e serróns, e mesmo unha ingletadora feita por el en madeira. Cando chegaba o Nadal, un cumpreanos ou outra data sinalada na que tocaba facer regalos, sempre caía un taladro novo ou algunha ferralla para a colección. O meu avó, cos ollos cheos de ilusión infantil, lanzábase inmediatamente a estreala; a miña avoa, cos ollos cheos de temor, miraba para as paredes pensando se sería a derradeira vez que as vía en pé.

 

Lembro que o ano en que caeu o taladro novo, xa inmediatamente presentou o primeiro proxecto de obra: perforar a parede, para así abrir un paso a través do cal se escoitase no salón o porteiro automático, que estaba na cociña. Por suposto, fíxoo. A xubilación, que é peligrosa.

 

Que saibades que é un xen vocacional; nin o meu avó nin os meus tíos dedícanse profesionalmente ao tema. Qué va, tiramos máis ben a traballar en oficinas e cousas tranquiliñas desas.

 

O caso é que o xen Meléndez transmítese. Se non me credes, ou tedes algunha dúbida, contareivos un exemplo disto. Non hai moito, o meu tío Fer pediume axuda para instalar un tremendo espello na súa casa. Eu pregunteille se tiña taladro, porque non había outro xeito de colgar aquilo, e contestoume, tan orgulloso como ofendido pola pregunta: “Por suposto, son un Meléndez”. Por suposto, complementariamente, Fer non ten carné de coche.

 

 

No meu caso, no de conducir tiven sorte, porque dominou o xen Castiñeiras (o meu tataravó foi dos primeiros choferes de Santiago; a miña avoa e unha súa irmá saben conducir). No do bricolaxe, como dicía, houbo tamén mestura co xen paterno-ebanista Villamor, e desde pequeno axudaba ao meu pai nas chapuzas domésticas –“de chapuzas nada, pequenas obras de enxeñería”-. Pero faltábame aínda unha cousa para ser un Meléndez de pleno dereito.

 

Ata o de agora, ía tirando, pedíndoo prestado de vez en cando se a ocasión o requiría. Pero coa escusa de montar a habitación de Laura, despois de ter apretado  a man non sei cantas ducias de parafusos, en previsión de que tiña que pasar o cable do ADSL a través dunha parede de tixolo, e sabendo que Araceli non diría que non se era pola súa irmá pequena, aproveitei para mercar o meu primeiro taladro.

 

Fun ao seguro, e decanteime por un Black & Decker KR50CRE. Como é o meu primeiro, optei por un de tan só 500 W. Iso sí, é taladro percutor e aparafusador, de velocidade variable, con marcha reversible e cabezal portabrocas sen chave de 13 mm. Boteille o ollo a unha marabilla de 700 W de potencia que ademais do anterior traía regreta de perforación e varias marchas de traballo, pero pensei que para comezar sería un pouco excesivo. Desde que o merquei levou xa uso dabondo, incluíndo, como dicía, a perforación de lado a lado dunha parede de obra con broca do 14 para pasar un cable ADSL con cabezal. Case nada.

 

Así que, por fin, bricomaníacas e bricomaníacos, son un auténtico Meléndez. Que as vosas paredes treman de pavor! Mmmmmuahahahahahaaaaaaa!!!!!

 

 

Grazas a Lauri pola foto

 

Por certo, cortei o pelo.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.